Sunday 12 de May de 2024

Clausura dos obradoiros de conciliación de Nadal do concello de Riveira


Arredor de 200 nenos e nenas do municipio de Riveira recolleron hoxe cadanseus diplomas acreditativos despois de participar nos obradoiros de conciliación Nadal Concilia, Nadal Xogo e Iniciación ás Artes Plásticas, desenvolvidos en Riveira e en outras parroquias do municipio.

O alcalde Manuel Ruiz tivo ocasión de participar no salón de actos do Conservatorio nun festival que serviu de clausura dos talleres Nadal Concilia e Iniciación ás Artes Plásticas, e no que máis de 120 nenos cantaron panxoliñas ante os seus pais e nais.

Ademais, no transcurso da mañá tamén tivo lugar a clausura dos obradoiros Nadal Xogo, desenvolvidos nas parroquias de Aguiño e Corrubedo, e que contaron coa presenza dos concelleiros Elvira Pisos e Antonio Freire.